Reunións B2B. Foro e Premios Galicia Alimentación
13 de junio de 2024|
15707 Santiago de Compostela, España
Monte Gaiás s/n
Cidade da Cultura de Galicia
Un espazo de reunións na cita anual do sector alimentario de Galicia
O xoves 13 de xuño de 2024 chega a X Edición do Foro e Premios Galicia Alimentación, a cita imperdible do sector da alimentación e das bebidas galego. Como xa vén sendo tradición, o evento contará co Espazo Networking Galicia Alimentación, que incluirá un espazo reservado para a celebración de reunións B2B previamente axendadas, en horario de 15.00 a 16.30 horas.
Se non queres perder esta oportunidade de establecer novas e prometedoras colaboracións con actores da cadea de valor alimentaria, rexistra o teu perfil na ligazón de arriba e comeza a axendar as túas reunións para o vindeiro día 13. É de balde!
Xunto co anterior, a X Edición deste evento inclúe o Foro "As novas fronteiras da innovación alimentaria", a gala de entrega dos X Premios Galicia Alimentación, a Exposición de Alimentos e Bebidas Excelentes e Innovadores, o Espazo de Demos "A alimentación do futuro", ou Cóctel de Alimentos e Bebidas de Galicia, entre outras sorpresas. Máis información en www.galiciafoodforum.info
Edición anterior
Velaquí o aftermovie do derradeiro Foro e Premios Galicia Alimentación, celebrado en 2023. Vas perder a nova edición?
Contacto
Algunha dúbida? Contacta con nós!
Clúster Alimentario de Galicia
unitec clusaga
Clúster Alimentario de Galicia
unitec clusaga